
. Tiananmen e Chernobil, do...
. A imprensa esconde o pape...
. Libertado um “pigmeu” bat...
. Paraíso
. Le Pen, Macron e o Fascis...
. A rapina de Timor-Leste: ...
. Empresa de limpeza em Tel...
. Bem-vindos ao apartheid d...
. Adolescente americana ame...
. Perante o caos, o saque e...
. A canalhice final contra ...
Em defesa do galego, e inserido na rede de solidariedade www.bloguespolalingua.org apresentamos o seguinte poema de Celso Emilio Ferreiro.
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...
Blogues pola Lingua pretende ser unha rede de acción, de feitos, en favor do noso idioma. Mañá celebramos o Día das Letras Galegas, data que ten sentido por server de homenaxe á nosa fala e á nosa escrita.
É evidente que só da máis profunda e pobre das ignorancias pode nacer o auto-odio que vertebra o discurso que proclaman, envelenando, as/os que se din de lingua bífida, e todos aqueles que sen tapuxos nen disimulo atacan ao noso idioma falando de imposicións ficticias e que din defender presuntas liberdades tralas que agochan o xugo da pretendida eliminación cultural, do medo á diferenza.
Todos os textos aqui publicados são traduções para português de originais noutras línguas. Deve ser consultado o texto original para confirmar a correcta tradução. Todos os artigos incluem a indicação da localização do texto original.
